jueves, 30 de marzo de 2017

4 meses sen coñecer a derrota na casa!

Este fin de semana o noso primeiro equipo dirixido por Arcadio tamén lle tocará competir o sábado, farano as oito para que o horario coincida o menos posible coa fase final dos pequenos en Vilalba.
Disputarán o penúltimo encontro na casa, fronte ao Bembrive e o antepenúltimo da liga. Farano con obxetivo cumplido pero sin conformarse coa octava plaza.
"O noso obxetivo non e outro que pelexar polos postos altos xa que a nosa filosofía consiste en non dar o brazo a torcer. Vimos de realizar unha tempada un tanto irregular pero cumplimos o primeiro obxetivo que era a salvación ahora faltanos o segundo que e quedar entre os cinco primeiros" Palabras de Fidel García Álvarez o eterno xogador verdinegro.
"Na casa somos un equipo moi forde, de feito penso que a ultima derrota na casa se limita ao ano pasado, o que demostra que frente a nosa aficción somos un plantel moi fiable."Comentaba Arcadio no último adestramento preparatorio. E razón non lle faltaba, a exepción do encontro de copa no cal quedamos eliminados na tanda de penaltis, a ultima derrota como local foi fronte ao Estrada, equipo que conseguiu gañar o fin de semana pasado, na súa casa, fronte o equipo de Arcadio, pertencente ao 19 de Novembre de 2016. logo dese encontro gañouselle ao Casás (2-1) Coruxo (3-0) Sala 5 Coruña (4-1) Carballiño (6-4) e Vilalba (3-1).
"Temos que aprobeitar que temos dous rivales asequibles para nós como son o Bembrive e o Casás, queremos gañar para non ter que depender do último encontro fronte a Pazos de Borbén, actual campión da liga e que supostamente se xogará parte do reciente campionato nese encontro" Sen dúbida, gran emoción para o fin de tempada do Superti A Pontenova.

No hay comentarios:

Publicar un comentario