miércoles, 31 de enero de 2018

Artículo de prensa

A Pontenova e Trabada acollerán o próximo 10 de febreiro o Campeonato de Galicia de seleccións de fútbol sala das categorias alevín mixto e infantil onde se daran cita preto de 240 participantes.
Neste evento participaran as seleccións de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo, Ferrol e a Costa.
El Concello de Trabada acollerá no seu pabellón polideportivo os encontros de alevín mixto dende as 9:00 horas da maña ata as 21:30. O Municipal da Pontenova será o espazo onde se dispute o torneo infantil, no mesmo horario. As finais xogáranse as oito horas a infantil mentres que a alevin mixto será as nove. O acto de presentación acudiron o presidente da Deputación e alcande da Pontenova, Darío Campos. A diputada de economía e a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez; o delegado provincial da federación galega de fútbol, Manuel Castro Núñez "Negrín" e o organizador do torneo Manuel Piñeiro.
Campos destacou que este trofeo é unha boa oportunidade para dar a coñecer a nosa vila, e ao mesmo tempo para disfrutar do deporte entre os máis novo, con equipos de primeira categoría de toda Galicia.
Pola súa parte García Bermúdez sinalou que todas as promesas do fútbol sala galego que participan na categoría alevín con equipos mixtos daranse cita no Polideportivo de Trabada o vindeiro día 10 de febreiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario