jueves, 8 de febrero de 2018

Desenrolo da competición

O sistema que se levará a cabo no campeonato que se disputará este fin de semana estará formado por dous grupos (A e B).
Disputarase por sistema de puntos a unha soa volta, clasificándose para a final a selección que ocupe o primeiro lugar en cada un dos respectivos grupos, e decir, o gañador de cada grupo disputará a final.
En caso de empate a puntos entre dúas seleccións, resolverase da seguinte forma:

  1. Fixaremonos na diferencia de goles obtidos e encaixados tendo en conta todos os encontros da competición.
  2. Miraremos o maior número de goles marcados, tendo en conta todos os conseguidos na competición
  3. Observando o resultado dos partidos xogados entre eles.
  4. No caso de que todo o anterior seguise sendo empate fixaremonos nas tarxetas amarelas, a selección que menos cartóns amarelos teña e a que se clasificará.
No caso de empate a puntos entre mais de dúas seleccións resolverase da seguinte forma:
  1. Fixaremonos na mellor puntuación a cal lle corresponda a cada un, según os resultados obtidos entre as seleccións empatadas, sin ter en conta as outras.
  2. Pola maior diferencia de goles a favor e en contra, considerando considerando unicamente os partidos xogados entre si polos clubes ou seleccións que empataron a puntos.
  3. Pola maior diferencia de goles obtidos e recibidos, tendo en conta todos os encontros do campeonato. No caso de que algunha selección comparta estos datos con outra decantaremonos pola selección que anotase máis goles.
Nota: En caso de empate a goles na final, resolverase polo sistema de lanzamento de penaltis de acordo coa normativa vixente.

  • Os partidos terán unha duración de 20 minutos a reloxo corrido (2 períodos) con un descanso de 5 minutos entre cada período.

  • O balón oficial para disputar a competición será da marca Joma Game Sala Indoor.

  • A competición estará dotada cos seguintes trofeos:
Regalo institucional: "Concello de A Pontenova" para a selección campeona e a sub-campeona"
  • Delegado de pista:
En todos os encontros se contará cun delegado de pista, no caso de non estar presente realizará as súas funcións o delegado da selección que figure como local.
  • Arbitraxe
A competición será cuberta pola Comisión Técnica de Árbitros de futbol sala da Real Federación Galega de Fútbol, contando cun árbitro e un asistente.

  • Seleccionadores galegos
A competición será presenciada por os seleccionadores galegos da especialidade de fútbol sala: Óscar Vigo e David García.



No hay comentarios:

Publicar un comentario