viernes, 23 de marzo de 2018

Entrevista venres 23


Maña sábado a primeira plantilla disputará un fermoso encontro fronte a Ribeira, correspondente a xornada de Terceira División. Para analizar o encontro temos a opinión de Kini, entrenador da plantilla, e de Miguel, segundo capitán.
-Boas Miguel, logo dunha semana de preparación como ve o equipo para competir maña?
"Foi unha semana normal, tratamos de levar a cabo o que o noso míster nos propón, xa que el analiza profundamente os rivais, e para levalo a cabo e necesario traballalo durante a semana. O equipo segue sendo o mesmo e non hai porque preocuparse, simplemete foron dous encontros malos fora da casa que temos que olvidar"
-Como ti ven dis, dúas derrotas seguidas fora da casa e unha victoria como locais con sabor amargo, está pasando o Superti por unha pequena crise?
"Nin pequena nin grande, estamos oitavos, sen temor a nada, nun posto moi cómodo e eso a veces produce relaxación. Os últimos resultados veñen dados porque tivemos certa relaxación defensiva que nesta categoría pagase moito. Creo nos meus compañeiros e sei que este sábado vamos dar un lavado de cara diante da nosa xente."
-O encontro de maña será o teu cuarto derbi, que opinas da Ribeira?
"E un equipo que sabe xogar moi ben, que leva varios anos xuntos e que a tocan moi ben, pero co noso estilo de xogo podemos ocasionarlles moitos problemas. Son partidos moi bonitos de disputar xa que moitos dos xogadores nos coñecemos o que ocasiona certa rivalidade"
-Sábado Ribeira, e Xoves A Estrada, que opinas ao respecto?
"O primeiro rival e a Ribeira, domingo pensaremos xa na Estrada, primeiro temos que tar mentalizados de sacar os tres puntos este sábado para seguir sumando"
-Boas Kini, derrota en Santiago outra en Outeiro de Rei, preocupalle o feito de puntuar só como locais?
"Boas, non, non me preocupa en absoluto, o partido de Santiago fora da casa considero que foi mala sorte e o outro contra o Santa Isabel prefiero facer borrón e conta nova.
-8-5 fronte o Santa Isabel, 8 goles encaixados, o equipo deu un baixón defensivamente?
"Nese encontro si mostramos un certo baixón, pero como dixen na anterior pregunta, hai partidos que é mellor olvidalos o antes posible e traballar máis duro para non cometer tantos errores.
-Agora ven o Ribeira, contas con toda a plantilla para o encontro de maña? Como afrontas este encontro?
"Si, conto con toda a maioría dos xogadores. Penso que vai ser un partido moi competitivo contra un equipo que coñezo moi ben. O encontro da primeira volta saldouse con un 3-3, agora como locais loitaremos para sacar os tres puntos.
-Os cadetes Xoel Pablo David e Luis están entrando en moitas convocatorias co primeiro equipo, contento coa súa aportación?
Si, moi contento con todos eles, orgulloso de que todos debutaran en Terceira División, o que non quita de que haxa moita marxe de mellora, e moito que seguir traballando. Agradecerlles o seu compromiso xa que si non fora por todos eles, máis Costel, Iago Lastra e outros xogadores do filial, non se podería facer nin a metade dos adestramentos, porque por unhas cousas ou por outras sempre fumos unha plantilla moi xusta durante toda a temporada.
-Oitavos na clasificación, como afronta o tramo final da liga, cal e o obxetivo do equipo?
"Si, tivemos casi sempre de novenos e agora subimos un posto na clasificación, loitaremos de aquí a final da tempada para quedar o mais arriba posible.
Análise da situación da plantilla dende dous puntos de vista, ambos creen que este sábado o primeiro equipo ten que dar unha boa imaxe para facer olvidar os encontros anteriores.
Maña, sábado, ás cinco e media, Superti A Pontenova vs Ribeira, no Municipal da Pontenova.

No hay comentarios:

Publicar un comentario