lunes, 29 de enero de 2018

ACD Os Fornos 4-2 ED Guitirz

Os nosos cadetes lograron unha importantísima victoria fronte ó líder da categoría, o Guitiriz.
"Necesitabamos unha victoria así para coller confianza, ademais era unha proba de que pese as adversidades somos un bo equipo"
Os rapaces demostraron moito compañerismo e sacrificio, dado as baixas que estes tiñan, ensinaron, unha vez máis que con sacrificio os resultados poden acadarse.
O partido comezaba como era de esperar, o Guitirz sería o principal dono do balón, e os nosos rapaces intentaban aprobeitar os seus fallos, buscando contras e colocándose rapidamente para defender.
"A nosa premisa era non condecerlles espacios, xa que iso foi un dos grandes alicientes polos que en Guitirz salimos derrotados. Queriamos crear en eles ansiedad, e dende que anotamos o primeiro gol, conseguimola. Eles, ao verse por debaixo tiñan menos paciencia para elaborar as xogadas, e precipitabanse demasiado o que aprobeitamos nós a través de rápidas contras"
O primeiro gol sería dunha xogada de estratexia de banda, cun disparo axustado de Roberto. O Guitirz seguía sendo o dono da posesión pero sen moitas ocasións claras de gol. " Fixemos unha boa defensa, na primeira parte apenas tiraron catro veces a portería"
Tras ir gañando no marcador, as ocasións máis claras de gol corrían de parte do equipo local, ata que noutro saque de banda similar, Hugo poñería o 2-0 no marcador. A primeira parte finalizaría cun 3-0, o terceiro tanto correría a conta de Dieguito.
"Fixemos a mellor primeira metade da temporada, non so ofensivamente, a intensidade defensiva foi o suficientemente alta para gañar todos os duelos"
Na segunda metade o ACD Os Fornos brindounos un dos goles máis rapidos do ano, 15 segundos e catro toques, unha xogada de inicio que saliu perfecta, e Leandro anotaría o seu primeiro gol da tempada " E algo que levamos ensaiando en moitos entrenamentos e en moitos partidos, un claro exemplo de que todo o que se practica acaba saíndo"
Minutos despois dese gran gol, o Guitiriz xogou con porteiro xogador, o que permitiu poñerse 4-2 no marcador. " E algo que nestas idades pouco se traballa, pero grazas a que os meus rapaces teñen a virtude de saber escoitar, os últimos minutos non foron tan sufridos como prometían"
O equipo visitante non baixaba os brazos, e o noso porteiro gozou de varias oportunidades para anotar o quinto, pero o marcador non se moveu.
"Este partido reflexa que nada e imposible, que con traballo, confianza e esforzo todo se pode alcanzar. Gañamos ó líder, sen o noso máximo goleador, e pasamos de quedar (5-2) na ida, a quedar (4-2) na casa. Debemos de seguir esta liña ascendente"- Declaracións de Miguel, adestrador do equipo cadete pontenovés

No hay comentarios:

Publicar un comentario